martes, 29 de marzo de 2011

Grecia e o viño. Da mitoloxía á mesa. (3)


Nas primeiras etapas de experimentación co viño, no que este é altamente perecedoiro, os gregos mesturábano con auga e tentaban conservalo en pelellos de cabra.
No S. II a. C. producíronse importantes cambios técnicos en canto o cultivo e a elaboración de viño que provocaron  excedentes. Os excedentes e o énfase que se poñía nas virtudes saudables do consumo de viño fixeron que fose a grega a primeira sociedade de bebedores sociais. Xorde a alcuña do termo simposio que nos traducimos por banquete e que para eles era algo como “xuntanza de bebedores”. Podemos dicir, pois, que o viño vai do templo cara a mesa. Un exemplo disto é a “Anthesteria” (Festival das flores) consistente en que a finais de febreiro de cada ano facíase unha apertura pública das vasillas de viño e desfrutaban todos del, dando como resultado unha borracheira pública
A sociedade grega foi unha grande difusora do viño cara u oeste de Europa (Italia e Francia sobre todo). Comezou asentándose no sur de Italia e dende alí espallouse cara Marsella e tamén cara España oriental.
Cando estamos a falar de Grecia cabe facer unha reseña mitolóxica que, neste caso, ten máis razón de ser si cabe xa que existía, nesta cultura, un deus ligado o viño: Dioniso.

Imaxe 1: Escultura de Dioniso en Cambados por F. Leiro
Dioniso era o deus do viño, do salvaxe, lexislador e protector da civilización, e protector da agricultura e do teatro. Os seus símbolos son a vide, a hedra, a figueira, a pel de raposo a piña e a granada.
Un rito moi practicado nesta época consistía nunha peregrinación o monte Parnaso de tódalas mulleres bebendo viño (e tomando outras substancias) durante os dous días que duraba.

Mapa 1: Extensión do viñedo na etapa grecorromana.
Fonte: J. PEÑÍN (2008): Historia del Vino, Espasa Calpe.

martes, 22 de marzo de 2011

A vide e o viño (2)


A vide é unha planta da familia das vitáceas. En orixe distinguíanse entre as variedade vitis vinífera sylvestris y vitis vinífera sativa (cultivada). Unha das súas características e que é hermafrodita, cousa que facilitaba a súa expansión polo continente con maior facilidade. Dela sae un froito denominado uva e agrupado en acios. Este froito é a materia prima coa que se fai o viño. O proceso, inda que sinxelo, sufriu unha notable evolución dende séculos ata chegar ó momento actual no que a incorporación de tecnoloxía fai factible acadar calidade e cantidade a un mesmo tempo.
No caso que nos ocupa, temos que facer especial mención á uva albariña, xa que é o insumo por excelencia da adega que imos analizar. Os viños elaborados con esta uva (monovarietais) presentan unhas características comúns:
  • A cor é amarello-pallizo, brillante, con irisacións douradas e verdes.
  • No nariz posen aromas florais e froitais finos y distinguidos
  • Na boca son frescos e suaves, con suficiente corpo y grado alcohólico, acidez equilibrada, harmoniosos e de amplos matices.
  • O seu retrogusto é pracenteiro, elegante e completo
Debemos de ter en conta tamén que estás variedades (tanto o albariño como as demais que se cultivan baixo a D.O. Rias Baixas) son propicias para os climas temperados como é o caso do clima atlántico do que goza o citado emprazamento. É esta unha das razóns polas cales a uva albariña se está a adaptar moi ben na península de California (EUA).

jueves, 17 de marzo de 2011

Introdución


Nas seguintes entradas, do que se vai tratar é de comentar o porqué dunha experiencia concreta de desenvolvemento local, dándolle especial importancia ó porque neste lugar?
O caso que imos a presentar máis adiante é o dunha adega situada en Cambados e que nos últimos anos ven experimentando un grande crecemento da súa produción e das súas exportacións, a adega Martín Códax S.A.
Non podemos comezar a falar do porqué do emprazamento desta adega sen coñecer cal é a súa actividade e, por ende, o seu produto. Isto é o que se vai comentar na seguinte entrada.
Seguidamente, tratamos de ver os acontecementos históricos relacionados coa vide e co viño que dalgún xeito non poden dar pautas para comprender o porqué da cultura do viño nun lugar concreto. Para isto partiremos das orixes históricas e virémonos achegando cara o emprazamento xeográfico que nos ocupa a medida que avancemos no tempo.
Finalmente, na última entrada farase un repaso a evolución da Adega obxecto de estudo, a adega Martín Códax.





Comezamos??





TXT COMPLETO