jueves, 14 de abril de 2011

Galiza: orixe incerto (6)

Non se sabe cando chegou a vide a Galicia, o que si se sabe e que as variedades galegas son froito de enxertos sucesivos de variedades, en orixe, silvestres.
Xa no século I a. C. os romanos cultivaban a vide en Galicia pero o comercio de viño era anterior como demostran os achados de ánforas para o transporte en numerosos asentamentos castrexos (sobre todo no sur do que hoxe é Galicia). A tradición conta que a orixe está no Rei Ordoño II cando Galicia pertencía o reino de León (1000 a. C.)
Mapa: Asentamentos castrexos na península ibérica.
Fonte: http://www.arqueomas.com/peninsula-iberica-galaicos.htm

Na Idade Media, a ruta Xacobea xa actuaba como vía de transmisión cultural en tódolos eidos imaxinables, o viño era un deles. Sen embargo non hai apenas referencias ao viño en Galicia nesta época, salvo algunhas sobre abades e curas que plantan viñas o arredor da igrexa.
Máis recentemente, as pragas e enfermidades (Oidium,1853; Filoxera,1899; Mildiu) propiciaron que se abandonase as variedade de uvas que se estaban a cultivar en prol doutras mais produtivas pero de menor calidade (máis inestables).
No é ata os anos 80 do século pasado cando se da un gran cambio no cultivo da viña e na elaboración do viño da man da creación de D.O. e de cooperativas de adegueiros.

TXT COMPLETO

martes, 5 de abril de 2011

O viño en España: altibaixos (5)


A España, o viño  chegou da man dos Fenicios pero hai que matizar que non o fixo vía conquista do territorio (como era común) senón que o fixo pola vía do comercio. Os fenicios eran grandes comerciantes e establecían lazos de comercio estables no tempo. O igual que noutras culturas (como xa comentamos) o viño, tamén para eles, era unha marca de rango social.
A caída do Fenicio (573 a. C.) provoca o inicio da produción vitivinícola así como dos utensilios necesarios para a súa fabricación e almacenaxe. Aparecen as primeiras vasillas de fabricación autóctona que van substituíndo as de fabricación fenicia.
Imaxe 2: Ánforas fenicia (esqda) e romana (drta)

Fonte: J. PEÑÍN (2008): Historia del Vino, Espasa Calpe.
Dúas rexións españolas en auxe non só en canto a produción de viño senón en canto a calidade (Tarragona e, sobre todo, Cádiz). No caso de Tarragona tiña moita importancia debido a posición xeográfica estratéxica que o seu porto ocupaba para o Imperio romano, ademais de pola dispoñibilidade de terras de calidade para o cultivo e do rápido dominio por parte da poboación indíxena das artes do cultivo da vide. A produción de viño bo e barato fixo que os produtores do Lazio italiano protestaran ao Imperio pola redución do seu mercado.
Durante a dominación Musulmana a cultura do viño non desaparece inda que sofre ataque de maior ou menor intensidade dependendo do fundamentalismo do gobernante do momento. Onde había unha forte tradición conseguiu resistir, é este o caso dos viños de Málaga que lle supoñían unha feroz competencia para os viños gregos en Europa.
Durante a reconquista cristiá dábanselle terras aos campesiños a modo de arrendamento (de dous tipos: durante a vida da vide ou, no caso galego, por xeracións). Con isto mataban dous paxaros dun tiro: por un lado ocupaban as terras para consolidar a reconquista e por outro dotaban do factor produtivo básico aos agricultores. Por aquelas era máis rendible poñer vides que sementar cereais.
A partir do século XVI  a viticultura reforza o camiño cara a calidade, destinada ao mercado inglés, inda que tamén se sabe da existencia de "viños ruíns" (acusábase aos taberneiros de especular co viño) destinados ao mercado interno.

TXT COMPLETO

jueves, 31 de marzo de 2011

Enxeñaría de andar pola casa

Quen me ía dicir a min que esa práctica tan estendida nos colexios de todo o mundo (e da que estou seguro que todos participamos algunha vez) contaría con un concurso organizado, nin máis nin menos que, polo  Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), a Universidad Carlos III de Madrid e o Concello de Madrid, en colaboración co Ministerio de Ciencia e Innovación. O obxectivo é despertar o interese dos rapaces pola ciencia, máis concretamente pola enxeñaría aeronáutica.
Pois si, estou a falar da construción de avións de papel. Os mesmos polos que algúns/moitos de nós fomos castigados a limpar o patio. Momento no que te arrepentías da túa participación no que, intres antes, semellaba sería divertido. Pois non, recoller centos de avións de papel (que pouco duraban as cadernos!!) non era divertido, por moito que aprendeses de deseño aeronáutico.
  

Garmendia entrega los premios a los ganadores del concurso de aviones de papel de Aerodays 2011http://www.micinn.es/portal/site/MICINN/menuitem.edc7f2029a2be27d7010721001432ea0/?vgnextoid=4bc8e9931860f210VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=4346846085f90210VgnVCM1000001034e20aRCRD