jueves, 24 de febrero de 2011

O Plan de Ordenación do Litoral bota hoxe a andar

Volve o debate sobre a protección do litoral unha vez que se publicou no DOG a aprobación do POL. Esta a suscitar críticas a nivel municipal xa que este plan resulta ser un tanto máis restritivo que a anterior lexislación ó respecto, a Lei 6/2007 do 11 de maio de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia (DOG 16/05/2007).
As críticas están a vir de parte dos socialistas que consideran que o PP actúa de xeito incoherente, xa que a Lei 6/2007 (a dos famosos 500 metros de separación da costa para construír aprobada polo bipartito) fora moi criticada polo actual goberno da Xunta polo seu carácter restritivo. Agora, o Plan que se aproba é tanto ou máis restritivo, inda que o seu favor poderíamos dicir que semella un tanto menos arbitrario.

Decreto 20/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia.
DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 37, Mércores, 23 de febreiro de 2011

http://www.xunta.es/litoral/

"Tabuyo emplaza al PP a sacar los botes de pintura contra el actual POL"

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/02/23/tabuyo-emplaza-pp-sacar-nuevo-botes-pintura-actual-pol/521044.html


"El Plan do Litoral bloquea la construcción en toda la costa urbanizable de 17 concellos"
http://www.farodevigo.es/galicia/2011/02/14/plan-do-litoral-bloquea-construccion-costa-urbanizable-17-concellos/518219.html