domingo, 29 de mayo de 2011

Cambados: viño e algo máis

 
Para todos aqueles que queirades coñecer un chisco máis como é Cambados, aquí vos deixo este enlace:
Reportaxe do programa "de viaxe" da TVG

viernes, 27 de mayo de 2011

Introdución

Nas próximas datas trataremos de contextualizar a evolución da conserveira Bernando Alfageme S.A., que cobrou especial relevancia nas últimas datas debido ao afundimento da mesma por mor do que supoñemos unha mala xestión.
O interese que este tema suscita en min, ademais de ter familiares afectados polo peche, ven pola importancia que tivo o sector conserveiro no desenvolvemento dun pobo como Cambados.
Para que non coñeza a empresa, comentarvos que as marcas recoñecibles son: MIAU, PEÑA e EUREKA.

Imaxe: Planta da Conserveira en Vigo (arriba) e logotipo (abaixo)






martes, 17 de mayo de 2011

Boa noticia para os usuarios de tecnoloxía

A Audiencia Nacional deixa sen vigor a orde que regulaba dende 2008 o canon que se lle impoñía aos dispositivos electrónicos. Volve a estar en vigor a normativa de 2006 na que son menores tanto as contías como o número de dispositivos suxeito ao canon dixital.

Unha decisión sensanta da xurisprudencia española, a ver si dura.



Ler noticia


miércoles, 11 de mayo de 2011

Cambados

Cambados dende o aire

Casa do Concello

Praza de Fefiñáns (único dos arcos que queda en pé)

Ruinas da igrexa se Santa Mariña

Torre de San Sadurniño
VER MÁIS...

martes, 10 de mayo de 2011

Martín Códax

Monumento a Martín Códax (Parque Charlie Rivel, Vigo)
 

 Cantigas de Amigo de Martín Códax


Vendima e productos

Acceso ao salón de actos da adega Martín Códax
 

Racimos de uva albariña

Parte máis dos edificios da adega



Fileiras de vehículos cargados con uvas as portas da adega


Productos de Martín Códax


O inteior da adega

Mosteiro da Armenteira






Política e Internet

A pouco tempo de que sexan as próximas eleccións vemos como todos os partidos comezan as súas actividades electoráis. Nos últimos anos, a vía empregada para chegar ata os xoves son as redes sociais (Facebook, Twitter,...).
Parece ser que o partido político que destaca pola súa adaptación ós novos medios de comunicación e difusión é UPyD.
Agora ben hai que ter moito ollo á información que obtemos a través destas canles informais, xa que calquera parecido coa realidade pode ser froito da coincidencia (ou do interés) e, ademais, nin sequera ten porqué estar contrastada.
A sociedade ten acceso a información de calidade e contrastada a través de internet, ¿porqué non facemos uso dela?

"¡Vaya sociedad pasiva!, amigo mío, hay que luchar
democracia significa que el pueblo ha de gobernar." 



Artigo: Estar o no estar, la cuestión (A. SOLANA):  http://www.elfarodigital.es/elecciones-autonomicas-de-ceuta-2011/48641-estar-o-no-estar-la-cuestion.html


Bodegas de Vilariño-Cambados SA. Internacionalización. (12)


A dificultade de recoller toda a uva dos socios ia en aumento (aumento de viticultores e hectáreas cultivadas) polo que se facía necesario a internacionalización. Paso a paso e aproveitando a estrutura do Consello Regulador e a do Icex (Instituto Español de Comercio Exterior) dáse a coñecer a xornalistas, prescriptores e consumidores a existencia dun viño de calidade excelente como é o albariño, mentres , internamente, se ia creando unha estrutura comercial (administrando os escasos recursos).

Gráfico: Evolución das exportacións da Bodega Martín Códax SAU

Fonte: XXV Aniversario de Viticultores de Martín Códax Sociedade Cooperativa Galega (2010)

A diversificación, unha vez consolidada a marca Martín Códax, axudoulles a chegar a segmentos de mercado sen explotar e a ter un maior potencial de ingresos. Na actualidade, Martín Códax, é o cuarto viño español máis vendido no estado de Nova Iorque. Ademais, Mariola Varona (Departamento de Exportación) lembra das súas visitas a EUA que é tal o prestixio que acadou que, cando aparece un novo albariño neste país, é comparado cos Martín Códax para avaliar a súa calidade.

Por último non pode esquecerme de mencionar a implicación da casa Martín Códax no patrocinio de todo tipo de eventos de índole deportiva e/ou cultural. Equipos de baloncesto, de ciclismo, torneos de Golf, regatas,…, concertos, xiras de artistas como Carlos Núñez ou Milladoiro, premios de poesía,…, chegando a albergar nas súas instalacións a presentación da película de animación “O Apóstolo”(Xullo-2010). Ademais numerosos persoeiros do mundo da política, deporte e cultura teñen visitado as instalacións da adega como xeito de publicitarse.

Imaxe: Exemplos de patrocinio de Martín Códax 
 

Imaxe : Jorge Garbajosa (Xogador do Unicaja de Málaga) nas instalacións da Bodega Martín Códax SAU en Burgáns (Cambados)
Fonte: XXV Aniversario de Viticultores de Martín Códax Sociedade Cooperativa Galega (2010)


jueves, 5 de mayo de 2011

Bodegas de Vilariño-Cambados SA. Profesionalización. (11)


En canto as negociacións cos provedores, J. Martínez Chantada (4º presidente) salienta a creación dunha cooperativa de segundo grao, Forvi, para as compras de todo o material “en colaboración coas cooperativas (tamén do Salnés) Meaño, Horsal e Hortumia”.
O xerme do crecemento tan rápido da adega  pode vir marcado polo logro dun equilibrio entre os principios do cooperativismo e os da empresa privada. Souberon coller o mellor de cada parte, do cooperativismo conservan a mentalidade de traballar para o socio, tratar de recollerlle toda o produción e pagarlla ó socio a un prezo que lle permita vivir dignamente; da empresa privada recolleron a idea da profesionalización do equipo xestor da adega. Tanto foi así que o director xeral J. Vázquez Gancedo (1994-actualidade) foi partícipe do primeiro plan estratéxico de 1995. En palabras súas, o feito diferenciador desta cooperativa con respecto doutras estivo na aposta pola profesionalización, “todos temos os mesmos depósitos de aceiro,  a uva parecida, os mesmos edificios…o único que temos diferente é o equipo humano”. Un equipo humano cunha formación elevada e actualizada.
Nas seguintes gráficas podemos ver como foi a evolución da adega en canto a cifras de facturación e de xeración de emprego. Os incrementos, tanto de facturación como de empregados, foron exponenciais na última década.

Gráfico 1: Evolución da facturación de Bodegas Martín Códax SAU

Fonte: XXV Aniversario de Viticultores de Martín Códax Sociedade Cooperativa Galega (2010)

Gráfico 2: A xeración de emprego en Martín Códax SAU
Fonte: XXV Aniversario de Viticultores de Martín Códax Sociedade Cooperativa Galega (2010)

TXT COMPLETO

miércoles, 4 de mayo de 2011

Bodegas de Vilariño-Cambados SA. Dificultades e aposta pola tecnoloxía (10)


Os primeiro problemas viñeron na primeira colleita despois da constitución da sociedade xa que inda non contaban coas instalación para elaborar o viño polo que tiveron que pedir moitos favores e traballar moi duro para sacar a súa primeira colleita propia.  O seu primeiro presidente, Manuel Noya,  recorda: “entre nós pegabámoslle a etiqueta a man”. Desta primeira colleita vendeuse todo e xa acadaron premios na Festa do Albariño. Todo isto encheunos de orgullo e fíxoos crer, máis si cabe, no proxecto que estaban a levar adiante e nas súas capacidades.
Outro dos momentos clave foi a elección do nome do produto da primeira colleita. Daquela estilábase poñerlle nomes de nobres, ou mesmo inventados, pero non era algo co que os socios estivesen de acordo. O nome escollido resultou ser o proposto por Hernando Martínez (2º presidente da SAT, hoxe cooperativa). A idea que tiñan era buscar un nome fácil de entender, comercial, que tivera dúas sílabas,…, ao estilo Coca-Cola. Deste estudo, di H. Martínez: “feito con sentido común” xurdiu Martín Códax que é un nome da historia, da literatura e da cultura Galega. A mentalidade dos socios volve quedar de manifesto cando fan a aposta polas prensas pneumáticas. “Das primeiras prensas que viñeron de Alemaña, dúas foron para aquí” lembra H. Martínez.
 Imaxe: Unha das salas con cubas de viño

A aposta polas novas tecnoloxías e/ou incorporación de maquinaria para mecanizar os procesos de produción sempre estivo patente pero, ademais, fíxose unha aposta moi forte na innovación do produto. Moita parte da culpa dista aposta pola innovación tena o enólogo L. Amoedo (partícipe dende a creación da adega) pois a gran variedade de produtos comercializados son resultado de procesos de proba e erro nas instalación que a adega ten para tal fin. Na actualidade o equipo de enólogos é máis extenso e son os xoves os que veñen pisando forte na elaboración de novos caldos.
Outra mostra da aposta pola investigación e a experimentación vitivinícola témola na creación da Fundación Arce que, en colaboración coa Universidade Politécnica de Madrid, explota dúas hectáreas de viña experimental. Non foi este o primeiro contacto da cooperativa coa universidade, xa que traballaban no estudo dos fermentos do viño en colaboración coa Universidade de Vigo.

TXT COMPLETO

viernes, 29 de abril de 2011

Bodegas de Vilariño-Cambados SA. Os comezos. (9)


O 16 de Abril de 1985 constituíuse a Sociedade Agraria de Transformación da Agrupación de Colleiteiros de Albariño de Vilariño-Cambados SAT con 50 persoas inscritas na Cámara Agraria.
O detonante da constitución da cooperativa estivo na dificultade que tiñan os colleiteiros para vender a súa produción e cobrar un prezo razoable por ela. Por aquelas existían na zona só catro adegas que se encargaban da recollida da uva (unha delas era unha cooperativa: Dom Bardo)  polo que eran eles os que podían impoñer as condicións de compra-venda.
Os socios fundadores eran xente da zona, coñecidos e amigos a meirande parte deles (case todos da parroquia de Vilariño, Cambados).  A dedicación a esta actividade estaba ligada, na meirande parte dos casos, á tradición familiar (ou da zona) e tamén hai que ter en conta que, inda que con estudos primarios soamente, foron capaces de levar adiante un proxecto empresarial que é envexado en moitos lugares. Pódese dicir que supliron a falta de formación con gañas de traballar e emprendedurismo. Ademais non podo esquecer mencionar que na meirande parte dos casos esta non era a actividade principal dos socios, esta actividade comezou como un hobby para moitos deles.
Os comezos non foron fáciles. Nun principio conseguían reunirse aos venres no colexio da parroquia que está a uns cen metros da ubicación actual da adega (daquela inda non existía) pero o que pasaba e que unha semana viñan uns e a semana seguinte estes non aparecían e viñan outros distintos. A solución pola que se optou foi que cada socio fixese un depósito no banco de 25000 ptas., cousa que resultou ter éxito á hora de lograr o compromiso destes co proxecto.
O apoio de SODIGA (Sociedade de Desenvolvemento Industrial de Galicia) que asumiu unha parte do capital social da S.A. constituída pola propia da Agrupación de Colleiteiros de Albariño de Vilariño-Cambados SAT, e o da Xunta de Galicia que aportou diñeiro (finalmente a fondo perdido) en función dos postos de traballo xerados foron moi importantes para salvar os obstáculos iniciais. Neste momento é cando se constitúe Bodegas de Vilariño-Cambados SA (5 de febreiro de 1986) e o emprazamento elixido foi unha consecuencia da existencia dun terreo axeitado no lugar de Burgáns (Vilariño) fronte a outros tamén axeitados pero máis afastados da vila natal dos fundadores (foron tidos en conta terreos no concello de Barro para situar as instalacións). Nestas decisións xa tivo moito que ver o enólogo Luciano Amoedo Rodiño, que parece ter unha intuición especial á hora de atopar terreos axeitados, por norma xeral, para a localización de viñedos pero, neste caso, para a localización do que hoxe é unha grande adega que pode ser contemplada dende puntos moi afastados do concello por se atoparen nun pequeno cumio do terreo.

Foto: Parte máis alta das instalacións da Bodega Martín Códax

martes, 26 de abril de 2011

O Val do Salnés. Viticultura (8)

Foto 1: Entrada do Mosteiro da Armenteira
A teoría máis respaldada sobre cando chega o Albariño o Val do Salnés é a que aposta pola Idade Media (S. XII- XIII). Este desenvolvemento produciuse ó amparo do mosteiro de Santa María da Armenteira (Meis). Tamén se pensa que a orixe do Albariño está na conca do Rhin (alemana e francesa) e que as peregrinacións a Compostela tiveron moito que ver coa súa aparición neste Val.

Foto 2: Interior do Pazo de Fefiñáns
É aquí cando podemos encaixar o Concello de Cambados en canto a súa importancia na produción deste viño monovarietal (de uva só albariña). A existencia de pazos señoriais, como o de Fefiñáns, que se conservan hoxe en día, propiciou que chegasen ata hoxe cepas centenarias de uva albariña.
Como podemos comprobar na táboa seguinte, o Val do Salnés é a subzona máis relevante das cinco integradas na D.O. tanto en número de viticultores (71%) como de superficie (56%). Tamén podemos dicir que a estrutura é minifundista como demostra o número de parcelas por viticultor (3 de media) e a extensión media (5600 metros cadrados).

Táboa: Estrutura da produción (2009)

Fonte: Elaboración propia con datos de http://doriasbaixas.com/public/manager.php?p=Estructura

lunes, 18 de abril de 2011

Denominacións de Orixe: Rías Baixas (7)


A D.O. Rías Baixas bota a andar en 1980 (B.O.E do 11 de Outubro: Denominación Específica Albariño). Inda que se complementa e completa con modificación e novos regulamentos durante estes 30 anos de historia. Neste momento xa existían algunhas D.O. en Galicia como: Ribeiro (1932) e Valdeorras (1977) e máis tarde incorpóranse Monterrei (1994) e a da Ribeira Sacra (1996)

Mapa: Localización xeográfica do espazo obxecto de estudo.
 Fonte: Elaboración propia

A D.O. Rías Baixas, ó igual que as demais, abarca zonas con características físicas homoxéneas (terras de altitude inferior a 300 metros, próximas ó mar e asociadas as desembocaduras dos ríos. Isto implica unhas características climáticas homoxéneas tamén (temperaturas suaves, precipitacións elevadas con un descenso os meses de verán).
Cada D.O. conta con un consello regulador que se encarga de controlar todo o proceso de cultivo, elaboración e envasado do viño. Unha vez que verifican que tódolos parámetros son correctos, o inspector da permiso para que se lle engada unha etiqueta na parte posterior da botella que indica que pertence a tal Denominación.

Imaxe: Etiqueta da D.O. Rías Baixas

As creación de D.O. contribúen a dar empuxe, na dirección da calidade, ós viños que xa antes da creación tiñan unha grande presencia en canto a superficie cultivada ocupada, como se pode ver na táboa.

Táboa: Distribución dos cultivos respecto do total das terras cultivadas nas Rias Baixas galegas (1989)(%)

Herbáceos
Froitas
Viña
Outras terras labradas
Rias Baixas
77,9
1,5
20,5
0,2
R.B. Coruñesas
90,9
1,3
7,7
0
R.B. Pontevedresas
70,1
1,6
28,1
0,03
Fonte: A.J. PAZO LABRADOR (1995): La trama de los asentamientos rurales en las rias bajas gallegas, Deputación de Pontevedra

Existen varias razóns polas que as Rías Baixas son un terreo idóneo para o cultivo da vide, entre elas está a existencia dun ecosistema moi rico o que permitía uns modelos de traballo mixtos:
  • Agricultura – gandería – forestal
  • Agricultura – pesca - marisqueo
  • Agricultura – industria – servizos (nas proximidade dos núcleos urbanos)
Estes modelos de traballo funcionaban neste emprazamento grazas a proximidade xeográfica das actividades produtivas. A viña, non é un traballo moi escravo agás en certas épocas do ano como a vendima polo que era relativamente sinxelo de combinar con outro traballo, ben sexa no campo, no mar,…
Inda que por termo medio, a táboa 1 resume ben o que acontece en Galicia, o val do Salnés non cumpre con esta estrutura. Este val é moito máis plano e fértil que moitos dos terreos do arredor o que fai as plantación máis rendibles. En 1989, Cambados (Capital do Albariño), ten o 75% das súas terras cultivadas con viña.
Estas e outras razóns son as que están detrás do interese que ten a vide e o viño para Galicia, para as Rías Baixas e para min, que son de Cambados.

TXT COMPLETO

jueves, 14 de abril de 2011

Galiza: orixe incerto (6)

Non se sabe cando chegou a vide a Galicia, o que si se sabe e que as variedades galegas son froito de enxertos sucesivos de variedades, en orixe, silvestres.
Xa no século I a. C. os romanos cultivaban a vide en Galicia pero o comercio de viño era anterior como demostran os achados de ánforas para o transporte en numerosos asentamentos castrexos (sobre todo no sur do que hoxe é Galicia). A tradición conta que a orixe está no Rei Ordoño II cando Galicia pertencía o reino de León (1000 a. C.)
Mapa: Asentamentos castrexos na península ibérica.
Fonte: http://www.arqueomas.com/peninsula-iberica-galaicos.htm

Na Idade Media, a ruta Xacobea xa actuaba como vía de transmisión cultural en tódolos eidos imaxinables, o viño era un deles. Sen embargo non hai apenas referencias ao viño en Galicia nesta época, salvo algunhas sobre abades e curas que plantan viñas o arredor da igrexa.
Máis recentemente, as pragas e enfermidades (Oidium,1853; Filoxera,1899; Mildiu) propiciaron que se abandonase as variedade de uvas que se estaban a cultivar en prol doutras mais produtivas pero de menor calidade (máis inestables).
No é ata os anos 80 do século pasado cando se da un gran cambio no cultivo da viña e na elaboración do viño da man da creación de D.O. e de cooperativas de adegueiros.

TXT COMPLETO

martes, 5 de abril de 2011

O viño en España: altibaixos (5)


A España, o viño  chegou da man dos Fenicios pero hai que matizar que non o fixo vía conquista do territorio (como era común) senón que o fixo pola vía do comercio. Os fenicios eran grandes comerciantes e establecían lazos de comercio estables no tempo. O igual que noutras culturas (como xa comentamos) o viño, tamén para eles, era unha marca de rango social.
A caída do Fenicio (573 a. C.) provoca o inicio da produción vitivinícola así como dos utensilios necesarios para a súa fabricación e almacenaxe. Aparecen as primeiras vasillas de fabricación autóctona que van substituíndo as de fabricación fenicia.
Imaxe 2: Ánforas fenicia (esqda) e romana (drta)

Fonte: J. PEÑÍN (2008): Historia del Vino, Espasa Calpe.
Dúas rexións españolas en auxe non só en canto a produción de viño senón en canto a calidade (Tarragona e, sobre todo, Cádiz). No caso de Tarragona tiña moita importancia debido a posición xeográfica estratéxica que o seu porto ocupaba para o Imperio romano, ademais de pola dispoñibilidade de terras de calidade para o cultivo e do rápido dominio por parte da poboación indíxena das artes do cultivo da vide. A produción de viño bo e barato fixo que os produtores do Lazio italiano protestaran ao Imperio pola redución do seu mercado.
Durante a dominación Musulmana a cultura do viño non desaparece inda que sofre ataque de maior ou menor intensidade dependendo do fundamentalismo do gobernante do momento. Onde había unha forte tradición conseguiu resistir, é este o caso dos viños de Málaga que lle supoñían unha feroz competencia para os viños gregos en Europa.
Durante a reconquista cristiá dábanselle terras aos campesiños a modo de arrendamento (de dous tipos: durante a vida da vide ou, no caso galego, por xeracións). Con isto mataban dous paxaros dun tiro: por un lado ocupaban as terras para consolidar a reconquista e por outro dotaban do factor produtivo básico aos agricultores. Por aquelas era máis rendible poñer vides que sementar cereais.
A partir do século XVI  a viticultura reforza o camiño cara a calidade, destinada ao mercado inglés, inda que tamén se sabe da existencia de "viños ruíns" (acusábase aos taberneiros de especular co viño) destinados ao mercado interno.

TXT COMPLETO

jueves, 31 de marzo de 2011

Enxeñaría de andar pola casa

Quen me ía dicir a min que esa práctica tan estendida nos colexios de todo o mundo (e da que estou seguro que todos participamos algunha vez) contaría con un concurso organizado, nin máis nin menos que, polo  Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), a Universidad Carlos III de Madrid e o Concello de Madrid, en colaboración co Ministerio de Ciencia e Innovación. O obxectivo é despertar o interese dos rapaces pola ciencia, máis concretamente pola enxeñaría aeronáutica.
Pois si, estou a falar da construción de avións de papel. Os mesmos polos que algúns/moitos de nós fomos castigados a limpar o patio. Momento no que te arrepentías da túa participación no que, intres antes, semellaba sería divertido. Pois non, recoller centos de avións de papel (que pouco duraban as cadernos!!) non era divertido, por moito que aprendeses de deseño aeronáutico.
  

Garmendia entrega los premios a los ganadores del concurso de aviones de papel de Aerodays 2011http://www.micinn.es/portal/site/MICINN/menuitem.edc7f2029a2be27d7010721001432ea0/?vgnextoid=4bc8e9931860f210VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=4346846085f90210VgnVCM1000001034e20aRCRD