martes, 5 de abril de 2011

O viño en España: altibaixos (5)


A España, o viño  chegou da man dos Fenicios pero hai que matizar que non o fixo vía conquista do territorio (como era común) senón que o fixo pola vía do comercio. Os fenicios eran grandes comerciantes e establecían lazos de comercio estables no tempo. O igual que noutras culturas (como xa comentamos) o viño, tamén para eles, era unha marca de rango social.
A caída do Fenicio (573 a. C.) provoca o inicio da produción vitivinícola así como dos utensilios necesarios para a súa fabricación e almacenaxe. Aparecen as primeiras vasillas de fabricación autóctona que van substituíndo as de fabricación fenicia.
Imaxe 2: Ánforas fenicia (esqda) e romana (drta)

Fonte: J. PEÑÍN (2008): Historia del Vino, Espasa Calpe.
Dúas rexións españolas en auxe non só en canto a produción de viño senón en canto a calidade (Tarragona e, sobre todo, Cádiz). No caso de Tarragona tiña moita importancia debido a posición xeográfica estratéxica que o seu porto ocupaba para o Imperio romano, ademais de pola dispoñibilidade de terras de calidade para o cultivo e do rápido dominio por parte da poboación indíxena das artes do cultivo da vide. A produción de viño bo e barato fixo que os produtores do Lazio italiano protestaran ao Imperio pola redución do seu mercado.
Durante a dominación Musulmana a cultura do viño non desaparece inda que sofre ataque de maior ou menor intensidade dependendo do fundamentalismo do gobernante do momento. Onde había unha forte tradición conseguiu resistir, é este o caso dos viños de Málaga que lle supoñían unha feroz competencia para os viños gregos en Europa.
Durante a reconquista cristiá dábanselle terras aos campesiños a modo de arrendamento (de dous tipos: durante a vida da vide ou, no caso galego, por xeracións). Con isto mataban dous paxaros dun tiro: por un lado ocupaban as terras para consolidar a reconquista e por outro dotaban do factor produtivo básico aos agricultores. Por aquelas era máis rendible poñer vides que sementar cereais.
A partir do século XVI  a viticultura reforza o camiño cara a calidade, destinada ao mercado inglés, inda que tamén se sabe da existencia de "viños ruíns" (acusábase aos taberneiros de especular co viño) destinados ao mercado interno.

TXT COMPLETO