A España, o viño chegou da man dos Fenicios pero hai que matizar que non o fixo vía conquista do territorio (como era común) senón que o fixo pola vía do comercio. Os fenicios eran grandes comerciantes e establecían lazos de comercio estables no tempo. O igual que noutras culturas (como xa comentamos) o viño, tamén para eles, era unha marca de rango social.
A caída do Fenicio (573 a. C.) provoca o inicio da produción vitivinícola así como dos utensilios necesarios para a súa fabricación e almacenaxe. Aparecen as primeiras vasillas de fabricación autóctona que van substituíndo as de fabricación fenicia.
Fonte: J. PEÑÍN (2008): Historia del Vino, Espasa Calpe.
Dúas rexións españolas en auxe non só en canto a produción de viño senón en canto a calidade (Tarragona e, sobre todo, Cádiz). No caso de Tarragona tiña moita importancia debido a posición xeográfica estratéxica que o seu porto ocupaba para o Imperio romano, ademais de pola dispoñibilidade de terras de calidade para o cultivo e do rápido dominio por parte da poboación indíxena das artes do cultivo da vide. A produción de viño bo e barato fixo que os produtores do Lazio italiano protestaran ao Imperio pola redución do seu mercado.
Durante a dominación Musulmana a cultura do viño non desaparece inda que sofre ataque de maior ou menor intensidade dependendo do fundamentalismo do gobernante do momento. Onde había unha forte tradición conseguiu resistir, é este o caso dos viños de Málaga que lle supoñían unha feroz competencia para os viños gregos en Europa.
Durante a reconquista cristiá dábanselle terras aos campesiños a modo de arrendamento (de dous tipos: durante a vida da vide ou, no caso galego, por xeracións). Con isto mataban dous paxaros dun tiro: por un lado ocupaban as terras para consolidar a reconquista e por outro dotaban do factor produtivo básico aos agricultores. Por aquelas era máis rendible poñer vides que sementar cereais.
A partir do século XVI a viticultura reforza o camiño cara a calidade, destinada ao mercado inglés, inda que tamén se sabe da existencia de "viños ruíns" (acusábase aos taberneiros de especular co viño) destinados ao mercado interno.
TXT COMPLETO
TXT COMPLETO
moi benn o traballo
ResponderEliminar