jueves, 31 de marzo de 2011

Enxeñaría de andar pola casa

Quen me ía dicir a min que esa práctica tan estendida nos colexios de todo o mundo (e da que estou seguro que todos participamos algunha vez) contaría con un concurso organizado, nin máis nin menos que, polo  Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), a Universidad Carlos III de Madrid e o Concello de Madrid, en colaboración co Ministerio de Ciencia e Innovación. O obxectivo é despertar o interese dos rapaces pola ciencia, máis concretamente pola enxeñaría aeronáutica.
Pois si, estou a falar da construción de avións de papel. Os mesmos polos que algúns/moitos de nós fomos castigados a limpar o patio. Momento no que te arrepentías da túa participación no que, intres antes, semellaba sería divertido. Pois non, recoller centos de avións de papel (que pouco duraban as cadernos!!) non era divertido, por moito que aprendeses de deseño aeronáutico.
  

Garmendia entrega los premios a los ganadores del concurso de aviones de papel de Aerodays 2011http://www.micinn.es/portal/site/MICINN/menuitem.edc7f2029a2be27d7010721001432ea0/?vgnextoid=4bc8e9931860f210VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=4346846085f90210VgnVCM1000001034e20aRCRD


2 comentarios:

  1. Se é que nacemos antes de tempo para todo o interesante...

    ResponderEliminar
  2. Nisto os xaponeses son todos uns expertos, xa que a papiroflexia é un arte oriental tradicional......EStá claro que é unha boa forma de traballar a imaxinación e outras destrezas dos rapaces

    ResponderEliminar