martes, 29 de marzo de 2011

Grecia e o viño. Da mitoloxía á mesa. (3)


Nas primeiras etapas de experimentación co viño, no que este é altamente perecedoiro, os gregos mesturábano con auga e tentaban conservalo en pelellos de cabra.
No S. II a. C. producíronse importantes cambios técnicos en canto o cultivo e a elaboración de viño que provocaron  excedentes. Os excedentes e o énfase que se poñía nas virtudes saudables do consumo de viño fixeron que fose a grega a primeira sociedade de bebedores sociais. Xorde a alcuña do termo simposio que nos traducimos por banquete e que para eles era algo como “xuntanza de bebedores”. Podemos dicir, pois, que o viño vai do templo cara a mesa. Un exemplo disto é a “Anthesteria” (Festival das flores) consistente en que a finais de febreiro de cada ano facíase unha apertura pública das vasillas de viño e desfrutaban todos del, dando como resultado unha borracheira pública
A sociedade grega foi unha grande difusora do viño cara u oeste de Europa (Italia e Francia sobre todo). Comezou asentándose no sur de Italia e dende alí espallouse cara Marsella e tamén cara España oriental.
Cando estamos a falar de Grecia cabe facer unha reseña mitolóxica que, neste caso, ten máis razón de ser si cabe xa que existía, nesta cultura, un deus ligado o viño: Dioniso.

Imaxe 1: Escultura de Dioniso en Cambados por F. Leiro
Dioniso era o deus do viño, do salvaxe, lexislador e protector da civilización, e protector da agricultura e do teatro. Os seus símbolos son a vide, a hedra, a figueira, a pel de raposo a piña e a granada.
Un rito moi practicado nesta época consistía nunha peregrinación o monte Parnaso de tódalas mulleres bebendo viño (e tomando outras substancias) durante os dous días que duraba.

Mapa 1: Extensión do viñedo na etapa grecorromana.
Fonte: J. PEÑÍN (2008): Historia del Vino, Espasa Calpe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario