jueves, 31 de marzo de 2011

O imperio romano e a cultura vitivinícola (4)


A partir da fundación do Imperio Romano (753 a. C.) e por contacto con outras culturas tamén os romanos se converteron en grandes produtores (grande demanda das súas tropas) e contribuíron a espallarse as plantación polos territorios conquistados para aforrar custos de transporte.
Foi esta sociedade a que perfeccionou o sistema de fermentación enterrando as tinallas para baixar a temperatura do viño. Este e outros avances serviron para mellorar a estabilidade das colleitas e consecuentemente os beneficios do comercio (mercado grande). Comezaron, tamén, a experimentar co sabor combinando o viño con herbas, especias, froita, resina,…
Xorden aquí os primeiros crianza. O costume de servir unha aperitivo (gustatio) co viño tamén é herdanza romana.
“Roma conquista el mundo y el vino conquista roma” (J. Peñín, 2008). Hata o ano 92 d. C. a primacía do viño sobre outros produtos é manifesta, é o produto por excelencia. A partires deste ano cobra especial importancia garantir o abastecemento de alimentos para consumo do exército, polo que se trata de substituír viñedo por millo ou outros cereais.
Coa conquista de Hispania e Galia atópanse con unha grande extensión de terreo cultivable pero co problema de que as súas variedades non se adaptan a climatoloxía existente nestes territorios. Óptase pola plantación de variables autóctonas.
O viño romano correu unha sorte parella a do seu Imperio. Comezan a xurdir viños de calidade en outros territorios como Francia e España que eclipsan o viño romano (de non moi boa calidade).

Mapa: Extensión do viñedo na etapa final do Imperio.
 Fonte: J. PEÑÍN (2008): Historia del Vino, Espasa Calpe.

9 comentarios:

  1. Interesante tu reseña sobre la historia del vino y como ha venido evolucionando a lo largo del tiempo. La verdad es que existen algunas características de los recursos y dotaciones iniciales que configuran qué tipo de productos pueden darse en una región u otra, pero será que éstas configuran su desarrollo? ¿Cómo crees que se pueden vencer las 'barreras' de recursos naturales para la el desarrollo? Será que en vez de luchar contra la naturaleza debemos conectarnos con ella para crear valor territorial?

    ResponderEliminar
  2. Esta entrada vaille gostar a Anasu, deberías enviarlla.

    ResponderEliminar
  3. O viño Albariño foi fai tempo escaso pero moi buscado. Convertido hoxe nun dos caldos de maior personalidade e prestixio.
    Cambados, a capital histórica de este viño en España, celebra cada ano a Festa do Albariño, por iso invito a todos aqueles que non tiveron ó pracer de probá-lo e tamén os que si o fixeron, a vir recrearse na maxia que en si contén este noso viño Albariño.

    ResponderEliminar
  4. O viño Albariño representa o mar, a poesía, o traballo do día a día, o achegamento entre amigos, familiares cos que te sentas a mesa a tomar unha copa, multitude de sensacións experimentadas.

    ResponderEliminar
  5. Ana Suárez Pilñeiro1 de abril de 2011, 18:23

    O tema é un dos moitos tópicos existentes sobre a cultura romana, que dá para case todo e segue a estar de plena actualidade. A min non deixa de sorprenderme, por exemplo, como hoxe en día se elixen nomes latinos ou referencias romanas para etiquetar viños galegos (Vía romana, por exemplo).
    Estou en parte de acordo contigo, Nando, pero gustaríame facer algunha matización.
    Os romanos foron grandes produtores e consumidores de viño. Unha das imaxes tópicas que temos deles é a de grandes bebedores: o certo é que o viño adoitaba ter moita menos graduación que o actual e que o tomaban rebaixado con auga (quente ou fría, segundo a estación) e mesturado con especias. Tanto lles gustaba que tentaron estender a súa produción nas terras conquistadas que non coñecían a vide, pero tamén aceptaron os viños bos que producían as comunidades provinciais. Neste caso actuaron como en moitos outros aspectos (desde a relixión ou os costumes): buscaron a asimilación, e aceptaron todos aqueles elementos que lles podían ser de utilidade. Eu sempre digo que non basta con vencer, hai que convencer, e unha boa vía para logralo e asmilar parte da cultura que tentas dominar.
    Respecto ao viño en Galicia, certo é que a vide non se cultivaba antes da chegada dos romanos. A eles lles correspondería a súa introdución na Gallaecia, aínda que segundo as fontes arqueolóxicas nos indican, nese tempo o viño aquí consumido sería froito esencialmente de importacións (restos de ánforas así o sinalan),máis que de producións locais (ao parecer moi escasas).
    Se a alguén lle interesa o tema eu estudeino con detale nun traballo e pódollo pasar.
    Ana Suárez Piñeiro
    Historia I-USC

    ResponderEliminar
  6. En primeiro lugar grazas a todos polo voso interese e implicación!!!
    En respuesta a la pregunta de Natty: te diré que si no hubiese sido el caso del vino albariño seguro que habría otro vino o otro producto, asi que, como dice Mari siempre, hai que poner en valor lo que tenemos para que los demas se interesen por ello.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo...invitando a tanta xente ó albariño inda imos ter que marchar nos. O que che pasa despois de beber moito si non é maxia parece...

    ResponderEliminar
  8. AnaSuPi...sempre tan didáctica. Que saibas que valorei pedirche información ao respecto pero de saber que estudiaras o tema non o dubidaria.
    É verdade o de que o viño tiña menos alcohol porque o rebaixaban con auga, de feito tamén facían o procedemento contrario para aumentarlle a graduación mesturando con auga ardente.
    Por último, o estudo que fixeches sobre o tema está publicado nalgún sitio, colgado na rede,...? Agradeceríache a referencia.

    ResponderEliminar
  9. Ana Suárez Piñeiro1 de abril de 2011, 20:04

    O traballo é “El vino en la Antigüedad romana y su introudcción en el Noroeste peninsular”, publicado nas actas dun congreso que organizamos no Barco de Valdeorras: La cultura del vino. Primer Congreso Peninsular, 2005, CSIC, Santiago de Compostela. Pásoche por email o texto.

    ResponderEliminar