miércoles, 4 de mayo de 2011

Bodegas de Vilariño-Cambados SA. Dificultades e aposta pola tecnoloxía (10)


Os primeiro problemas viñeron na primeira colleita despois da constitución da sociedade xa que inda non contaban coas instalación para elaborar o viño polo que tiveron que pedir moitos favores e traballar moi duro para sacar a súa primeira colleita propia.  O seu primeiro presidente, Manuel Noya,  recorda: “entre nós pegabámoslle a etiqueta a man”. Desta primeira colleita vendeuse todo e xa acadaron premios na Festa do Albariño. Todo isto encheunos de orgullo e fíxoos crer, máis si cabe, no proxecto que estaban a levar adiante e nas súas capacidades.
Outro dos momentos clave foi a elección do nome do produto da primeira colleita. Daquela estilábase poñerlle nomes de nobres, ou mesmo inventados, pero non era algo co que os socios estivesen de acordo. O nome escollido resultou ser o proposto por Hernando Martínez (2º presidente da SAT, hoxe cooperativa). A idea que tiñan era buscar un nome fácil de entender, comercial, que tivera dúas sílabas,…, ao estilo Coca-Cola. Deste estudo, di H. Martínez: “feito con sentido común” xurdiu Martín Códax que é un nome da historia, da literatura e da cultura Galega. A mentalidade dos socios volve quedar de manifesto cando fan a aposta polas prensas pneumáticas. “Das primeiras prensas que viñeron de Alemaña, dúas foron para aquí” lembra H. Martínez.
 Imaxe: Unha das salas con cubas de viño

A aposta polas novas tecnoloxías e/ou incorporación de maquinaria para mecanizar os procesos de produción sempre estivo patente pero, ademais, fíxose unha aposta moi forte na innovación do produto. Moita parte da culpa dista aposta pola innovación tena o enólogo L. Amoedo (partícipe dende a creación da adega) pois a gran variedade de produtos comercializados son resultado de procesos de proba e erro nas instalación que a adega ten para tal fin. Na actualidade o equipo de enólogos é máis extenso e son os xoves os que veñen pisando forte na elaboración de novos caldos.
Outra mostra da aposta pola investigación e a experimentación vitivinícola témola na creación da Fundación Arce que, en colaboración coa Universidade Politécnica de Madrid, explota dúas hectáreas de viña experimental. Non foi este o primeiro contacto da cooperativa coa universidade, xa que traballaban no estudo dos fermentos do viño en colaboración coa Universidade de Vigo.

TXT COMPLETO

2 comentarios:

  1. Unha boa mostra de que a I+D+i son imprescindibles para o alcance de certos logros industriais. Deberíase facer máis fincapé en crear unha conciencia social da súa necesidade.

    ResponderEliminar
  2. Quédome coa parte de superación de dificultades, o grao de compromiso co proxecto, a capacidade de superar dificultades ou carencias tecnolóxicas, etc. Esa aposta decidida polo proxecto e a predisposición para adaptarse ao contexto, parécenme dignas de mención e aspectos a imitar por calquera emprendedor/a.

    ResponderEliminar