martes, 10 de mayo de 2011

Política e Internet

A pouco tempo de que sexan as próximas eleccións vemos como todos os partidos comezan as súas actividades electoráis. Nos últimos anos, a vía empregada para chegar ata os xoves son as redes sociais (Facebook, Twitter,...).
Parece ser que o partido político que destaca pola súa adaptación ós novos medios de comunicación e difusión é UPyD.
Agora ben hai que ter moito ollo á información que obtemos a través destas canles informais, xa que calquera parecido coa realidade pode ser froito da coincidencia (ou do interés) e, ademais, nin sequera ten porqué estar contrastada.
A sociedade ten acceso a información de calidade e contrastada a través de internet, ¿porqué non facemos uso dela?

"¡Vaya sociedad pasiva!, amigo mío, hay que luchar
democracia significa que el pueblo ha de gobernar." 



Artigo: Estar o no estar, la cuestión (A. SOLANA):  http://www.elfarodigital.es/elecciones-autonomicas-de-ceuta-2011/48641-estar-o-no-estar-la-cuestion.html


2 comentarios:

  1. A rede estase a converter no campo de batalla electoral con vídeos manipulados, mensaxes nas redes sociais, etc... información que, como ben dis, non ten moito parecido coa realidade...pero xa sabemos que en política todo vale!! O problema que eu vexo é que toda esta información é basura que inunda a rede. A "infoxicación" debido ao cada vez maior exceso de información e o maior déficit de tempo complica de forma considerable os procesos de busca e implica a necesidade de desenvolver capacidades específicas como a de filtrado...a poboación española, neste senso, aínda está en niveis demasiado baixos.

    ResponderEliminar
  2. O dos partidos políticos nas redes sociais polo momento é pura cosmética. Os partidos teñen que estar en todas partes, e tamén están ahí, pero só testimonialmente a través de campañas organizadas por consultoras. O cambio de verdade chegará cando dispoñan da primeira xeración de líderes políticos para os que as redes sociais sexan simplemente unha ferramenta que manexan dende antes de ser líderes (o equivalente da xeración Obama nos EEUU).

    ResponderEliminar