lunes, 28 de febrero de 2011

Internet e a sociedade en rede. Quen transforma a quen?

Dende o punto de vista das interrelacións sociais, M. Castells1 afirma: ”…lo que ocurre es que Internet es apta para desarrollar lazos débiles, para crear lazos débiles, pero no es apta para crear lazos fuertes, como media, y es excelente para continuar y reforzar los lazos fuertes que existen a partir de relación física”.
Se ben isto pode ser así, non é menos certo que estas interrelacións se transformaron profundamente, polo menos no tocante a forma. Con isto quero dicir que o tempo que se adica as interrelación físicas no día a día se viu reducido considerablemente, en grande parte por mor da proliferación deste tipo de métodos de comunicación.
Non hai que ir moi lonxe para atopar alguén que modificase as súas pautas de interrelacións e mesmo de consumo polo simple feito de ter unha conexión a internet de certa calidade. Un servidor é unha delas.
Con isto non quero dicir que a dispoñibilidadede redes de comunicacións e información sexan nocivas para o desenvolvemento rexional e humano, simplemente quero chamar a atención sobre outras cousas que debemos coidar para non converternos nunha sociedade de zombis.


3 comentarios:

  1. Paréceme moito interesante o debate que propós sobre quen transforma a quen...De feito, dende o punto de vista pedagóxico da educación, os estudios actuais indican como os procesos de socialización primaria dos individuos (primeiro contacto cos valores e normas da sociedade) que antes se producían dentro da familia, hoxe en día teñen lugar en contacto cos medios de comunicación : TV, internet...De aí moitos dos problemas de educación das xeracións máis novas que pasan máis tempo no Tuenti e vendo a Belén Estebán, que coas súas familias. E por suposto, este problema é extrapolable ao resto da sociedade.
    O problema non é a tecnoloxía, senón saber como empregala.

    ResponderEliminar
  2. Estou moi de acordo coa opinión de Castells. Dende a miña experiencia persoal as redes sociais e a rede en xeral son moi beneficiosas para manter lazos que pola distancia son prácticamente insostibles por outro medio, pero tamén serven para manter a comunicación con persoas máis próximas sen necesidade de utilizar o teléfono por exemplo.
    Pero tamén hai que ter en conta que algo do que se abusa moito, e iso é problema xeral das novas tecnoloxías.

    ResponderEliminar
  3. A “TIC Dependencia” é sen dúbida unha realidade social que convén ser analizada en profundidade pola socioloxía. Por outra banda, tampouco é menos certo que unha minoría cultural comeza a reaccionar fronte ao fenómeno TIC absorbente. Neste senso, recomendo escoitar a canción Redes Sociais de Tote King (dispoñible en You Tube por suposto), como un dos maiores representantes da cultura hip hop en España. En calquera caso, as TIC son moito máis que unha ferramenta de comunicación na Rede, pero iso xa é outro debate.

    ResponderEliminar