jueves, 31 de marzo de 2011

Enxeñaría de andar pola casa

Quen me ía dicir a min que esa práctica tan estendida nos colexios de todo o mundo (e da que estou seguro que todos participamos algunha vez) contaría con un concurso organizado, nin máis nin menos que, polo  Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), a Universidad Carlos III de Madrid e o Concello de Madrid, en colaboración co Ministerio de Ciencia e Innovación. O obxectivo é despertar o interese dos rapaces pola ciencia, máis concretamente pola enxeñaría aeronáutica.
Pois si, estou a falar da construción de avións de papel. Os mesmos polos que algúns/moitos de nós fomos castigados a limpar o patio. Momento no que te arrepentías da túa participación no que, intres antes, semellaba sería divertido. Pois non, recoller centos de avións de papel (que pouco duraban as cadernos!!) non era divertido, por moito que aprendeses de deseño aeronáutico.
  

Garmendia entrega los premios a los ganadores del concurso de aviones de papel de Aerodays 2011http://www.micinn.es/portal/site/MICINN/menuitem.edc7f2029a2be27d7010721001432ea0/?vgnextoid=4bc8e9931860f210VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=4346846085f90210VgnVCM1000001034e20aRCRD


O imperio romano e a cultura vitivinícola (4)


A partir da fundación do Imperio Romano (753 a. C.) e por contacto con outras culturas tamén os romanos se converteron en grandes produtores (grande demanda das súas tropas) e contribuíron a espallarse as plantación polos territorios conquistados para aforrar custos de transporte.
Foi esta sociedade a que perfeccionou o sistema de fermentación enterrando as tinallas para baixar a temperatura do viño. Este e outros avances serviron para mellorar a estabilidade das colleitas e consecuentemente os beneficios do comercio (mercado grande). Comezaron, tamén, a experimentar co sabor combinando o viño con herbas, especias, froita, resina,…
Xorden aquí os primeiros crianza. O costume de servir unha aperitivo (gustatio) co viño tamén é herdanza romana.
“Roma conquista el mundo y el vino conquista roma” (J. Peñín, 2008). Hata o ano 92 d. C. a primacía do viño sobre outros produtos é manifesta, é o produto por excelencia. A partires deste ano cobra especial importancia garantir o abastecemento de alimentos para consumo do exército, polo que se trata de substituír viñedo por millo ou outros cereais.
Coa conquista de Hispania e Galia atópanse con unha grande extensión de terreo cultivable pero co problema de que as súas variedades non se adaptan a climatoloxía existente nestes territorios. Óptase pola plantación de variables autóctonas.
O viño romano correu unha sorte parella a do seu Imperio. Comezan a xurdir viños de calidade en outros territorios como Francia e España que eclipsan o viño romano (de non moi boa calidade).

Mapa: Extensión do viñedo na etapa final do Imperio.
 Fonte: J. PEÑÍN (2008): Historia del Vino, Espasa Calpe.

martes, 29 de marzo de 2011

TIC´s sí pero desenvolvemento...

A compañía Apple ven de retirar do mercado unha aplicación homófoba chamada "Exodus internacional". Esta aplicación trataba de dar apoio a "familias e persoas afectadas pola homosexualidade".Outros dos termos empregados na aplicación son "curar" ou "axudar os afectados".
146.000 persoas tiveron a decencia de recoller firmas en contra disto e Apple retirouna do mercado ó pouco tempo.
En fin....

http://www.farodevigo.es/tecnologia/2011/03/29/apple-retira-polemica-aplicacion-homofoba/529667.html